RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A exhibe ante o Santiago de Compostela todo o seu potencial ofensivo

O Xuvenil A mostrou ante o Santiago de Compostela (6-1) todo o seu potencial ofensivo no partido da División de Honra correspondente á 8ª xornada. Marcou un total de 6 goles con cinco goleadores diferentes: Manu Mosquera, Sito, Joel, Porrúa e Pedro, que foi o único que repetiu ao anotar 2 dianas.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 18 puntos e é segundo na clasificación, a 1 punto do líder, o Oviedo, que totaliza 19 puntos.

Xuvenil A: Brea, Valín, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy, Sito, Antón, Manu Mosquera, Sebas e Boedo. Tamén xogaron: Porrúa, Pedro, Sandá e Óscar Lorenzo.

O vindeiro sábado 21 de outubro, o Xuvenil A visita ao Lugo.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Rubén Coméndez foron os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano 2000 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)
Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1
Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-)
Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1
Pontevedra 1 - Xuvenil A 1 (Sito)
Xuvenil A 6 (Sito, Joel, Manu Mosquera, Porrúa e Pedro -2-) - Santiago de Compostela 1