RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A, moi superior ao CD Conxo Santiago

O Xuvenil A mostrouse superior (7-0) ao CD Conxo Santiago, en partido correspondente á 12ª xornada que foi aprazado no seu día por COVID-19 no equipo santiagués.

Noel -3-, Jairo, Víctor, Do Carmo e Nájera foron os autores dos goles deportivistas nun partido de clara cor branquiazul disputado en Abegondo.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 30 puntos e é líder provisional do subgrupo A da División de Honra, cun partido menos xogado. En segunda posición marcha o RC Celta, con 28 puntos e tres encontros menos.

Xuvenil A: Adrián, Quique Teijo, Mauro, Nico, Dani Barcia, Brais Val, Víctor, Raúl, Noel, Jairo e Nájera. Tamén xogaron: Mario, Do Carmo, Álex González, Nacho e Fito.

O partido da 15ª xornada entre o CD Choco e o Xuvenil A, previsto para o vindeiro sábado 13 de febreiro en Redondela, foi aprazado por un caso de COVID-19 no conxunto pontevedrés.

O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido "o máis próxima no tempo".

Os resultados do Xuvenil A en liga son os seguintes:

CD Lugo 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Do Carmo -2-, Padín e Nájera -2-) - CD Calasanz 1
CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil A 1 (Padín)
Xuvenil A 2 (Yeremay -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0
RC Celta 1 - Xuvenil A 2 (Yeremay e Do Carmo)
Xuvenil A 3 (Mario, Do Carmo e Nájera) - CD Choco 1
Racing de Ferrol 1 - Xuvenil A 1 (Noel)
Pabellón Ourense CF 2 - Xuvenil A 3 (Canales, Dani Barcia e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 5 (Yeremay -2-, Nájera, Urdiales e Padín) - Ural Español CF 0
Xuvenil A 3 (Yeremay, Raúl e Urdiales) - CD Lugo 0
CD Calasanz 0 - Xuvenil A 4 (Dani Barcia, Nájera, Noel e Urdiales)
Xuvenil A 7 (Noel -3-, Jairo, Víctor, Do Carmo e Nájera) - CD Conxo Santiago 0
ED Val Miñor Nigrán 1 - Xuvenil A 1 (Noel)
Xuvenil A - RC Celta, aprazado