RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A non puido facer fronte na Copa ao poderío do Athletic Club

O Xuvenil A non tivo opción en Lezama ante o Athletic Club (4-0), no partido de volta de oitavos de final da Copa do Rei.

Os locais foron superiores e apenas deron respiro ao Xuvenil A, que no entanto saltou ao céspede a plantar cara e dar a sorpresa.

Este resultado apea ao cadro de Rubén Coméndez da competición, posto que na ida disputada en Abegondo tamén venceron os vascos (3-4).

Xuvenil A: Brea, Carracedo, Sebas, Joel, Parga, Gandoy, Porrúa, Ortuño, Pedro, Javi Sandá e Boedo. Tamén xogaron: Rojo, Antón, Sito e Juanito.

Con este partido, o Xuvenil A pon o punto e final á competición oficial esta temporada.

Os resultados do Xuvenil A en esta competición foron os seguintes:

Oitavos de final

Ida: Xuvenil A 3 (Boedo, Sandá e Pedro) - Athletic Club 4

Volta: Athletic Club 4 - Xuvenil A 0