RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B non foi capaz de administrar a súa vantaxe e dobrou o xeonllo na segunda parte ante o Victoria

O Xuvenil B perdeu (2-1) co Victoria CF en partido correspondente á 8ª xornada na Liga Nacional.

Os deportivistas adiantáronse aos 12 minutos grazas a un gol de Mario. Pero os locais non se renderon e na segunda metade deron a volta ao marcador con 2 goles, que serviron para que os 3 puntos caesen ao lado do Victoria.

Con este resultado, o Xuvenil B queda con 16 puntos na 6ª posición, a só 3 puntos dos líderes da clasificación: Celta B, Victoria CF, Pabellón Ourense CF e CD Calasanz. Todos eles suman 19 puntos.

Xuvenil B: Íker, Roque, Pol, Fito, Juan, Pablo, Novoa, Mario, Juanma, Peke e Luque. Tamén xogaron: Melide, Portas e Víctor.

A próxima semana, o conxunto deportivista visita ao CVC Valladares de Vigo.

A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:

Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1
Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito)
Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0
ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke)
Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1
Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque)
Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0
Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario)