RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B sumou ante o Alondras CF a súa primeira vitoria na liga Nacional

Á terceira foi a vencida. O Xuvenil B logrou ante o Alondras CF (3-0) a súa primeira vitoria nesta temporada na liga Nacional, despois dun empate ante o CVC Valladares na primeira xornada e unha derrota pola mínima en Sigüeiro na segunda.

Os goles de Mesfin -2- e Samuel, dous deles nos primeiros 15 minutos, fixeron recuperar as boas sensacións ao conxunto que prepara Miguel Figueira.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 4 puntos e sitúase na 7ª posición da táboa.

Xuvenil B: Román, Álvaro Otero, Pablo Parada, Carlos, Martiño, Dani Estévez, Mesfin, Samuel, David Domínguez, Manu Ferreiro e Juan Barros. Tamén xogaron: Héctor, Zoe, Javi Fernández, Adrián e Noé.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Pontevedra Cf.

Os resultados até a data do Xuvenil B son os seguintes:

Xuvenil B 0 - CVC Valladares 0
ED Xuventude de Oroso 3 - Xuvenil B 2 (Mesfin e Rubén)
Xuvenil B 3 (Mesfin -2- e Lucas) - Alondras CF 0