RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Xuventude de Crendes CF será o primeiro rival do Orzán SD Infantil Feminino no grupo norte da liga Galega

O Orzán SD Infantil Feminino quedou encadrado no grupo norte da Liga Galega, con estes rivais iniciais: Victoria CF, SCD Pastoriza, Xuventude de Crendes CF, Victoria FC, SCD Milagrosa e ADC Obradoiro.

Na primeira xornada, prevista para esta fin de semana, ao cadro orzanista tócalle descansar. Así pois, debutará na competición na Coruña fronte ao Xuventude de Crendes CF o 30 de outubro, na segunda xornada. A primeira fase finalizará o 19 de febreiro de 2022 de abril en casa ante o SCD Pastoriza.

O formato desta parte inicial da temporada será de liga a dobre volta, cun total de 14 xornadas. Os tres primeiros clasificados pelexarán polo título nunha segunda fase todos contra todos, ida e volta, cos tres primeiros equipos do grupo sur. Serán outras 10 xornadas e respectarase a puntuación da fase inicial.

Os conxuntos que acaben na primeira fase entre o cuarto e o sétimo disputarán o título de Consolación pero só contra eses mesmos clasificados do grupo sur, tamén con ida e volta. En total haberá 8 xornadas e respectarase a puntuación da primeira fase.

O calendario do Orzán SD Infantil Feminino é o seguinte:

Xornada 1 (23/10/2021) Xornada 8 (18/12/2021)
Descanso Descanso
Xornada 2 (30/10/2021) Xornada 9 (15/01/2022)
Orzán SD Infantil Feminino Xuventude Crendes CF
Xornada 3 (06/11/2021) Xornada 10 (22/01/2022)
Victoria FC Orzán SD Infantil Feminino
Xornada 4 (13/11/2021) Xornada 11 (29/01/2022)
Orzán SD Infantil Feminino ADC Obradoiro
Xornada 5 (20/11/2021) Xornada 12 (05/02/2022)
SDC Milagrosa Orzán SD Infantil Feminino
Xornada 6 (27/11/2021) Xornada 13 (12/02/2022)
Orzán SD Infantil Feminino Victoria CF
Xornada 7 (11/12/2021) Xornada 14 (19/02/2022)
SCD Pastoriza Orzán SD Infantil Feminino

En pretemporada desde o mes de agosto

O Orzán SD Infantil Feminino, campión da Liga Galega, adéstrase desde o pasado 25 de agosto baixo a dirección técnica de Óscar Orro, ademais de Diego Sánchez de asistente.

O cadro está formada polas seguintes futbolistas:

-Porteira: Sofía Carregal

-Defensas: Paula Martínez, Candela González, Alexia Freire, Eva Rama, Eva Ouro e Valentina Millón

-Centrocampistas: Yanis Cilora, Emma Gandoy, Candela Fernández, Noela García, Valeria Montero, Carmen Traba, Alba Monteserrín, Sofía Milhem e Inés Fernández

-Dianteiras: Noa Cardeñoso, Lola Nieto, Laura Pérez e Sofía Rodríguez