Partidos amigables para Xuvenil B, Cadete B e Alevín B esta semana en Abegondo
Tres equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido amigable esta semana na Cidade Deportiva de Abegondo.
Así, o Xuvenil B mídese á Selección Galega Sub-16 mañá mércores 7 de febreiro ás 18:00 horas no campo 4.
O conxunto deportivista marcha 5º clasificado na Liga Nacional con 39 puntos. O vindeiro sábado 10 de febreiro ás 12:30 horas, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Choco, en choque da 22ª xornada.
Pola súa banda, o Cadete B enfróntase hoxe martes 6 de febreiro ao Deportivo ABANCA, ás 19:00 horas no campo 5.
O equipo branquiazul é actualmente 5º clasificado no grupo 1º da Liga Galega con 37 puntos. Este sábado 10 de febreiro ás 12:00 horas, o Cadete B visita ao EF Lalín, no campo Manuel Anxo Cortizo, na xornada 22ª.
Finalmente, o Alevín B recibe ao Cuntis A tamén hoxe martes ás 19:00 horas no campo de herba sintética.
O Alevín B suma dous triunfos nos seus dous primeiros partidos no grupo 1º da Segunda Fase. Esta fin de semana non terá competición ligueira, que retomará ante o Calvo Sotelo o 17 ou 18 de febreiro, na 3ª xornada.