RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Sánchez aos nenos da Escola RC Deportivo: "E o sábado todos a ABANCA-RIAZOR"

Pedro Sánchez visitou este venres aos 24 nenos e nenas que participaron no primeiro mes da Escola RC Deportivo nas dúas quendas dos venres, nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña na Grela.

Con todos os nenos e nenas á súa ao redor no centro do campo, o futbolista deportivista lanzoulles un reto: "Mañá todos a ABANCA-RIAZOR eh? Cuantos máis sexamos, mellor".

Nesta ocasión, o normalmente entrevistado polos medios de comunicación, Pedro Sánchez, converteuse no entrevistador dos alumnos:

-Dicídeme quen é mellor, Cristián ou Messi. ¿Cantos goles marcaches esta tarde? ¿De que prefires xogar?... Estas foron algunhas das súas preguntas aos participantes.

A firma de postais e unha foto de familia puxo o punto e final a un curta pero intensa visita de Pedro Sánchez, que fixo as delicias dos nenos e nenas e os seus familiares, atentos desde a banda.

A Fundación Real Club Deportivo puxo en marcha esta unha nova actividade que vai máis aló do concepto DéporCampus Cabreiroá que se desenvolve no verán, semana santa e Nadal. O seu principal obxectivo é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas da Coruña, de maneira individual, personalizada e atendendo ás necesidades de cada un.

Nela trabállanse contidos complementarios ao traballo que puidesen desenvolver nos seus clubs, no seu tempo libre e profúndase no coñecemento e adestramento do fútbol baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, en grupos de, como máximo 20 futbolistas, cunha duración coincidente co curso escolar/temporada. Hai que matricularse como mínimo 1 mes e pódese adestrar 1 ou 2 días á semana, mércores e venres en horario de tarde, en quendas de 1 hora, nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña.

Ademais da cota mensual (de entre 45 e 95 euros ao mes en función de descontos e horas de adestramento) a primeira vez que se inscriba un alumno na Escola deberá abonar a matrícula que será de 30€ prezo normal e 25€ prezo reducido. Os alumnos do DéporCampus Cabreiroá Indoor 2018 están exentos do pago desta matrícula.

Toda a información da Escola RC Deportivo está dispoñible en www.rcdeportivo.es/escola