RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Quenda para o Benxamín A este domingo no Torneo Solidario Escola de Fútbol de Silleda

Do mesmo xeito que o Alevín A o pasado 20 de febreiro, o Benxamín A participará este domingo 6 de marzo no Torneo Solidario Escola de Fútbol Silleda que se xoga no campo do Outeiriño.

Así, todos os asistentes deberán doar un quilo de alimentos non perecedoiros ou pagar unha entrada de dous euros, que irán destinados ao Banco de Alimentos.

Os rivais do Benxamín A serán o Pabellón CF, Bertamiráns FC, Selección do Deza, Escola Estrada FB, Cidade de Ribeira CF e RC Celta.

O formato de competición será de liga todos contra todos, con este calendario:

10:30: PABELLÓN CF - BENXAMÍN A (campo 2)
10:55: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A (campo 1)
11:20: SELECCIÓN DO DEZA - BENXAMÍN A (campo 1)
12:10: ESCOLA ESTRADA FB - BENXAMÍN A (campo 1)
13:00: BENXAMÍN A - CIDADE DE RIBEIRA CF (campo 1)
13:50: BENXAMÍN A - RC CELTA (campo 1)

Antes, o sábado 5 ás 10:00 na Torre (campo 2.1), o Benxamín A enfrontarase ao CD Calasanz na 11ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña. Os branquiazuis son líderes destacados con 27 puntos de 27 posibles.