RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA tivo como punto central de interese o mini derbi de Segunda División B hoxe domingo entre o RC Celta B e o Fabril, dous equipos con urxencias clasificatorias.

Após o debut o pasado sábado de Ignacio Abeledo, Sergio Pellicer incluíu no once inicial tamén aos outros dous reforzos: Arturo Segado e Carlos Ramírez 'Leto'.

O resultado con todo non sorriu aos fabrilistas, derrotados (2-0) en Barreiro ante un RC Celta máis efectivo en ataque.

Ademais, dous equipos foron campións de inverno na Segunda Comarcal A Coruña: Alevín B e Benxamín B; ao gañar o seu partido de hoxe ante Victoria CF C (1-7) e CF Deportivo Orzán C (0-6) respectivamente.

Toca agora referendar na segunda volta da liga o dominio que exhibiron na primeira.

Xogaron en Abegondo o venres 18 o Infantil B (10-0); onte sábado 19 o Xuvenil B (3-1) e Cadete A (3-1); e hoxe domingo 20 o Infantil A (1-0).

Competiron lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (2-3 en Ribadumia), Xuvenil A (0-0 en Nigrán) e Cadete B (2-1 en Lugo).

Por outra banda, o Alevín A iniciou onte sábado a Fase Final da liga Comarcal coa eliminatoria de oitavos de final, a dobre partido. O Imperátor OAR foi o primeiro rival, ao que derrotou con claridade (0-8).

Finalmente, dous equipos branquiazuis, Benxamín A e Benxamín B, disputaron un interesante amigable hoxe domingo en Abegondo ante o FC Porto.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
21ª xornada: RC CELTA B 2 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 17ª xornada: UMIA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Alba Suárez, Patri López e Michelle Clemente)

Categoría xuvenil
División de Honra, 20ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 19ª xornada: XUVENIL B 3 (Juanma, Pol e Mario) - PORRIÑO INDUSTRIAL CF 1

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: CADETE A 3 (Mario, Padín e Noel)  CORUXO FC 1

19ª xornada: SCD MILAGROSA 2 - CADETE B 1 (un futbolista rival en propia meta)

Categoría infantil
Fase polo Título da liga Galega, 2ª xornada: INFANTIL A 1 (Mella) - XUVENTUDE DE OROSO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 21ª xornada: INFANTIL B 10 (Mardones -3-, Meki -2-, Marco Baña -2-, Óscar, Murilo  e Miguel) - VICTORIA CF B 0

Categoría alevín
Oitavos de final da liga Comarcal, ida: IMPERATOR OAR A 0 - ALEVÍN A 8 (Rubén -2-, Jorge -2-, Carlos, Dani, Cristian e Álex)

Segunda Comarcal A Coruña, 9ª xornada: VICTORIA CF C 1 - ALEVÍN B 7 (Diego -2-, Íker, Balbas, Anxo, Xabi e Leandro)

Categoría benjamín
Primeira Comarcal A Coruña, 9ª xornada: ATLÉTICO CASTROS 0 - BENXAMÍN A 11 (Joaquín -2-, Paulo -2-, Pablo Ronquete -2-, Uxío, Yago Trigo -2-, Mauro e Íker)

Amigable: BENXAMÍN A 2 (Paulo e Joaquín) - FC PORTO 3

Segunda Comarcal A Coruña, 9ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN C 0 - BENXAMÍN B 6 (Javi -2-, Iago Lameiro, Nico, Hugo e Iago Varela)

Amigable: BENXAMÍN B 1 (Pablo Vara) - FC PORTO 3