RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Dous partidos oficiais disputáronse hoxe domingo en #ANOSACANTEIRA, ambos lonxe de Abegondo.

O Fabril caeu (2-0) en Santiago ante a SD Compostela, un dos aspirantes ao título.

E o Deportivo ABANCA B, após unha espectacular remontada nos últimos 8 minutos de xogo, tróuxose os 3 puntos ante o Sárdoma CF (2-3).

Cara e cruz tamén para os dous equipos que xogaron na Cidade Deportiva: Triunfo o venres do Cadete A (5-0) ante o Racing de Ferrol e derrota do Xuvenil B (4-5) onte sábado no desconto do seu partido ante o Ourense CF.

Fóra de casa xogaron onte sábado os demais equipos. O campo de Covadonga en Xixón (0-1 do Xuvenil A ante o Roces), o Novo Municipal da Estrada (1-2 do Cadete B fronte ao Escola Estrada Fútbol Base) e o campo da Leyma da Coruña (2-5 do Infantil Á o Victoria CF e tamén 2-5 do Infantil B fronte ao ADC Obradoiro) foron os escenarios do resto de encontros, todos eles con triunfo branquiazul.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
5ª xornada: SD COMPOSTELA 2 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 2ª xornada: SÁRDOMA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: SD ROCES 0 - XUVENIL A 1 (Peke)

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - OURENSE CF 5

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: CADETE A 5 (Álex, Embid, Cristian, Diego e Martín) - RACING DE FERROL 0

Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 1 - CADETE B 2 (Xosé e Mella)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: VICTORIA CF 2 - INFANTIL A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 3ª xornada: ADC OBRADOIRO 2 - INFANTIL B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)