RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario domingo 15 de outubro

O Alevín A e os dous equipos benxamíns do Deportivo iniciaron a liga esta fin de semana. Desta forma, once equipos de #ANOSACANTEIRA están xa en competición oficial. Falta unicamente o Alevín B, cuxo inicio estaba previsto para hoxe sábado, pero non será posible por falta de campos.

En Segunda División B, o Fabril defende o liderado do grupo 1º da Segunda División B de novo en Abegondo, ante o Talavera. O choque será mañá domingo ás 17:00 horas, retransmitido en directo pola TVG-2.

Os socios do Dépor teñen entrada gratuíta á Cidade Deportiva. Para o público sénior a entrada custa 10 euros, 3 euros para os menores de 16 anos.

Como é habitual, Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a todo o seu equipio. Son baixa Edu Expósito e Francis (co primeiro equipo), e Quique Fornos, Diego Caballo, Bicho, Romay e Luís Fernández (lesionados).

Por outra banda, os dous equipos xuvenís, cadetes e infantís repiten xornada ligueira tras a vivida entre o pasado xoves 12 e o mércores 11. Algúns deles, caso do Xuvenil B, Cadete B e Infantil A, con apenas 48 horas entre un partido e outro.

Nesta ocasión xogan en Abegondo o Xuvenil A (mañá domingo 15); e Cadete B e Infantil A (vitorias hoxe sábado). Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
9ª xornada: FABRIL - TALAVERA DE LA REINA, o domingo 15 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 6ª xornada: TORRE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 15 de outubro ás 16:00 na Torre

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: XUVENIL A - SANTIAGO DE COMPOSTELA CF, o domingo 15 de outubro ás 19:00 en Abegondo

Liga Nacional, 7ª xornada: CORUXO 1 - XUVENIL B 1 (Rojo)

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: CORUXO 1 - CADETE A 4 (Portas, Peke, Mario e Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 7ª xornada: CADETE B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) - SANTIAGO DE COMPOSTELA B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 7ª xornada: INFANTIL A 5 (Iván, Martín Burgos, Sergio -2- e Quique) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 8ª xornada: ORILLAMAR - INFANTIL B, o domingo 15 de outubro ás 12:00 no campo da Leyma (A Coruña)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 1ª xornada: ALEVÍN A 10 (Torres -3-, Óscar -3-, Pablo -2-, Jorge e Héctor) - OLÍMPICO A 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 1ª xornada: UD XUVENIL 0 - BENXAMÍN A 8 (Diego -2-, Íker -2-, Iago -2-, Eder e Leandro)

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: URAL C 0 - BENXAMÍN B 9 (Ioan -3-, Pablo -2-, Uxío -2-, Trigo e Yago Vázquez)