RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Rifado triunfo do Deportivo ABANCA B sobre o Victoria FC B

O Deportivo ABANCA B sumou tres novos puntos na Primeira Autonómica Feminina ao impoñerse (3-2) ao Victoria FC B, en partido da 7ª xornada.

Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia foron as autoras dos goles branquiazuis nun partido moi disputado.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é terceiro na clasificación con 16 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Patricia, Noemí, Alba Pérez, Antía, Michelle, Alba Martínez, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Vero e Ariana. Tamén xogaron: Ainhoa, Ana, Sara Iglesias, Lara e Lidia.

O vindeiro domingo, o Deportivo ABANCA B visita ao Atlético Arousana, segundo clasificado con 3 puntos máis que as deportivistas.

Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2