RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Sabor deportivista no triunfo de Galicia sobre o País Vasco no Nacional feminino

- Foto: www.futgal.es -

Cinco futbolistas do Deportivo ABANCA participan esta fin de semana coa Selección Galega Sub-18 na 1ª Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

Teresa Abelleira, Lía, Laura, Antía e Malena converten ao cadro branquiazul no equipo que achega máis xogadoras ao combinado galego, dirixido por Joaquín Javier Valbuena.

Na primeira xornada disputada este mediodía ante o País Vasco foron titulares Malena, Laura, Teresa e Lía. Antía saltou ao céspede no minuto 70, en substitución de Inés Faro.

A vitoria foi contundente para as galegas (1-4), que mañá domingo 17 de decembro teñen outro duro test ante a Comunidade Valenciana, a partir das 12:15, tamén no campo do Canò.

A mala noticia do día foron as molestias nun xeonllo que sufriu Laura Vázquez, obrigada a saír do terreo de xogo no minuto 67. A xogadora do Deportivo ABANCA será sometida a avaliación médica nos próximos días.

O calendario de partidos de Galicia nesta fase é o seguinte:

Sábado 16 de decembro
PAÍS VASCO 1 - GALICIA 4

Domingo 17 de decembro
12:15: GALICIA - COMUNIDADE VALENCIANA (campo 1)