RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Últimos compromisos de 2017 para #ANOSACANTEIRA

Catro equipos de #ANOSACANTEIRA teñen actividade esta semana, a última antes das vacacións do Nadal.

En categoría feminina, o Deportivo ABANCA B xoga este venres ante o Milagrosa o encontro aprazado o pasado 10 de decembro polo temporal, pertencente á xornada 14ª na Primeira Autonómica Feminina.

O Xuvenil B ten dobre compromiso: de liga o venres 22, en partido da xornada 17ª adiantado ao 7 de xaneiro; e amigable, o Memorial Javier Nieto, o sábado 23 na Torre. Tamén amigable é o partido do venres do Cadete B ante o Maravillas.

Esta mini xornada pona en marcha mañá mércores 20 de decembro o Alevín A, co partido de ida de oitavos de final da Segunda Fase Comarcal.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
14ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - MILAGROSA, o venres 22 de decembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba artificial)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 39 puntos; 2. Atlético Arousana, 37 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 29 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 27 puntos; 5. Umia, 26 puntos...

Categoría xuvenil
17ª xornada: XUVENIL B - LÉREZ, o venres 22 de decembro ás 16:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 38 puntos; 2. Victoria, 37 puntos; 3. Ural, 36 puntos; 4. Xuvenil B, 30 puntos; 5. Racing de Ferrol, 28 puntos...

Memorial Javier Nieto: XUVENIL B - COMBINADO COMPAÑÍA DE MARÍA - SANTA MARÍA DEL MAR, o sábado 23 de decembro ás 10:00 na Torre

Categoría cadete
Amigable: MARAVILLAS - CADETE B, o venres 22 de decembro ás 20:15 na Grela 2

Categoría alevín
Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, oitavos de final, ida: ÓRDENES A - ALEVÍN A, mañá mércores 20 de decembro ás 19:00 no Anexo Vista Alegre (Ordes)