Juan Carlos Valerón volveu disputar un encontro oficial de titular desde
a súa lesión de peroné. Foi nun escenario inmellorable, o Teatro dos Soños
de Manchester. "Era un partido de moita tensión e forza", relata o
internacional canario. Valerón confes
Pola súa banda, Joan Capdevila recoñeceu que o equipo recibe máis goles que
en anteriores campañas. "O persoal é consciente de que nos marcan máis
tantos en contra e teremos que traballar para mellorar". O polivalente
futbolista catalán indicou que agora "hai que mirar para adiante. É
imprescindible gañar o domingo ao Málaga. Non podemos seguir perdendo puntos,
porque se non poderemos quedar descolgados", puntualizou Capdevila.