RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Xornada de traballo en dous grupos no Dépor entre días de descanso

O Dépor tivo esta mañá en Abegondo unha sesión de recuperación, a habitual post-partido, nesta ocasión entre o día de descanso de onte domingo e o de mañá martes.

Todo o cadro, ademais dos canteiráns Rubén López e Martín Ochoa, participou nunha activación con rondos.

A partir de aí, os titulares o pasado sábado en Majadahonda retiráronse ao vestiario para continuar no ximnasio e na sala de fisioterapia.

Para o resto, Imanol Idiakez, técnico deportivista, dispuxo dun exercicio de posición con porterías pequenas; unha tarefa de evolucións ofensivas; e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír.

Lucas Pérez e Balenziaga estiveron con adestramento personalizado.

Os Nosos comezarán o mércores ás 11:00 en Abegondo a preparar a seguinte cita ligueira, o sábado 30 de marzo ás 16:00 (FEF TV) na Cidade Deportiva Dani Jarque ante a UE Cornellà, correspondente á 30ª xornada.

📸 GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK