RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Xusta derrota do Cadete B ante un potente Xuventude de Oroso

O Cadete B caeu derrotado xustamente na súa visita ao Xuventude de Oroso (4-0), en choque pertencente á 18ª xornada, primeira da segunda volta, no grupo 1º da Liga Galega. Os deportivistas tiveron unha mala tarde e apenas tiveron opcións de sacar algo positivo do campo Lino Balado.

Con este resultado, o Cadete B ocupa provisionalmente a sexta praza con 30 puntos aínda que cun partido menos xogado, o que foi suspendido a pasada fin de semana ante o Ural B por deficiencias na iluminación do campo coruñés da Leyma.

Cadete B: Ríos, Fika, Álvaro, Sergio, Buján, Padín, Rares, Nils, Iván, Jorge e Hugo. Tamén xogaron: Edu, Bocija, Xavi, Mouriño e Lemos.

A vindeira fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Galicia de Caranza.

Os resultados do Cadete B até a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)
Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) .- Santiago de Compostela B 0
Dumbría 2 - Cadete B 2 (Álex e Buján)
San Tirso 3 - Cadete B 1 (Iván)
Cadete B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - Viveiro A 2
Bergantiños B 1 - Cadete B 1 (Bocija)
Cadete B 1 (Álex Espeso) - Atlético Coruña Montañeros 3
Escola Estrada Fútbol Base 3 - Cadete B 5 (Nils, Álex, Hugo e Mouriño -2-)
Cadete B 1 (Hugo) - Victoria B 2
Conxo 0 - Cadete B 3 (Xavi e Hugo -2-)
Cadete B 3 (Bocija, Hugo e Buján) - Bertamiráns B 1
Ural B - Cadete B (suspendido)
Xuventude de Oroso 4 - Cadete B 0