RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Xusto e curto triunfo do Xuvenil A en Santander

O Xuvenil A logrou un xusto e até curto triunfo ante o Real Racing Club (0-1), en partido da 16ª xornada no grupo 1º de División de Honra.

O conxunto que prepara Rubén Coméndez foi superior ao seu rival, sobre todo na primeira metade, con ocasións claras para Óscar Lorenzo, Javi Sandá, Pedro...

O partido decidiuno un solitario gol de Kilian, en bonita xogada persoal, a falta dun cuarto de hora para o final.

Con este resultado, o Xuvenil A é terceiro na táboa con 34 puntos.

Xuvenil A: Brea, Valín, Boedo, Mujaid, Iago Parga, Joel, Óscar Lorenzo, Antón, Pedro, Javi Sandá e Porrúa. Tamén xogaron: Kilian, Rojo, Guillem e Sebas.

O vindeiro domingo 17 de decembro, o Xuvenil A recibe en Abegondo (17:00 horas) ao Oviedo.

Os resultados até a data do Xuvenil A foron os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano 2000 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)
Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1
Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-)
Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1
Pontevedra 1 - Xuvenil A 1 (Sito)
Xuvenil A 6 (Sito, Joel, Manu Mosquera, Porrúa e Pedro -2-) - Santiago de Compostela 1
Lugo 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Kilian) - Areosa 0
Sporting de Gijón 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Pedro -2- e futbolistas rivais en propia meta -2-) - Celta 2
Atlético Perines 3 - Xuvenil A 3 (Manu, Porrúa e Boedo)
Xuvenil A 3 (Loren, Antón e Porrúa) - Roces 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 2 (Javi Sandá e Porrúa)
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 1 (Kilian)