RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Xusto e traballado triunfo do Deportivo ABANCA B en Vilagarcía

O Deportivo ABANCA B logrou un traballado triunfo (1-2) ante o Atlético Arousana no campo da Lomba, en partido correspondente á 6ª xornada no subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional.

As xogadoras branquiazuis controlaron o partido aínda que o Atlético Arousana creou perigo nas contras. De feito, o Deportivo ABANCA viuse obrigado a remontar un 1-0 na segunda metade grazas aos goles de Eva Dios e Nuria Torres, este último dun claro penalti no minuto 81.

Con este resultado, o conxunto de Kevin Cabado suma 10 puntos e empolícase á segunda posición do subgrupo.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Navia, Sara Álvarez, Paula Novo, Lara, María Figueroa, Nuria Torres, Carlota, Eva Dios, Marta Rico e María Calvo. Tamén xogaron: Tati, Rivas, Andrea Ansede, Ale Fente e Lucía.

Este martes 8 de decembro, día festivo, o Deportivo ABANCA B recibe ao CD Valladares en Abegondo (17:00 horas, campo 5). O encontro corresponde á 5ª xornada e foi aprazado o pasado 21 de novembro por un caso positivo de COVID-19 no conxunto vigués.

Os resultados do Dépor ABANCA B en liga son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 9 (Aroa -4-, Eva Dios -2-, María Calvo -2- e Navia) - Umia CF 0
Viajes InterRías FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - Victoria FC 1
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B - CD Valladares, o martes 8 de decembro ás 17:00 en Abegondo (campo 5)
Atlético Arousana 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Dios e Nuria Torres)