RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A pegada do Alevín B desborda ao Calvo Sotelo

O Calvo Sotelo non foi capaz de frear ao Alevín B (13-0), en partido correspondente á 11ª xornada que se xogará a próxima fin de semana pero que se adiantou debido a un torneo en Alemaña que xogará o equipo deportivista.

Bruno -5-, Eli -3-, Marcos -2-, Dani -2- e Xenxo foron os autores dos goles branquiazuis nun partido sen apenas complicacións.

Con este resultado, o Alevín B é líder destacado con 24 puntos.

Alevín B: Hugo, Eli, Dani, Vergara, Marcos, Bruno, Xenxo e Jairo. Tamén xogaron: Anxo e Erick.

A próxima xornada toca descanso para o conxunto deportivista.

Os resultados do Alevín B nesta liga son os seguintes:

Alevín B 9 (Dani -3-, Bruno -2-, Xenxo, Eli, Jairo e Vergara) - Xesuitinas 2
Alevín B 7 (Dani -2-, Eli -2-, Bruno, Álex e Erick) - Obradoiro 2
Calvo Sotelo 0 - Alevín B 15 (Dani -4-, Eli -3-, Xenxo -3-, Marcos -2-, Erick, Bruno e David)
Alevín B 12 (Bruno -3-, Jairo -2-, Dani -2-, Xenxo -2-, Vergara, Álex e Eli) - Peñarredonda 0
CP Esclavas 1 - Alevín B 15 (Dani -4-, Bruno -4-, Eli -2-, Vergara -2-, Jairo -2- e Carlos)
Xesuitinas 0 - Alevín B 9 (Xenxo -2-, Marcos -2-, Erick, Dani, Eli, Bruno e Jairo)
Obradoiro 0 - Alevín B 5 (Eli -2-, Xenxo -2- e Dani)
Alevín B 13 (Bruno -5-, Eli -3-, Marcos -2-, Dani -2- e Xenxo) - Calvo Sotelo 0