RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Boas sensacións do Alevín A, que arranca con vitoria a Liga Comarcal

O Alevín A iniciou a Liga Comarcal con triunfo (5-0) ante a SD San Tirso A. O encontro corresponde á 2ª xornada, posto que a 1ª, prevista o pasado sábado, foi aprazada polo temporal de vento e choiva que azoutou ese día A Coruña e a súa comarca.

Diego -2-, Anxo -2- e Janusz foron os goleadores branquiazuis.

Alevín A: Joel, Yago, Íker, Frank, David, Rubén, Diego e Leandro. Tamén xogaron: Rodrigo, Lucas, Pablo, Janusz e Anxo.

O vindeiro xoves 5 de decembro ás 19:00 en Abegondo, o Alevín A mídese ao Once Caballeros CF A, en partido correspondente á 3ª xornada.

Os resultados do Alevín A na Liga Comarcal son os seguintes:

CF Dumbría - Alevín A, aprazado
Alevín A 5 (Diego -2-, Anxo -2- e Janusz) - San Tirso SD A 0