RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 13 e 14 de maio

Interesante fin de semana para #ANOSACANTEIRA, con dobre derbi (en Liga Nacional Xuvenil e División de Honra Cadete) ante o Celta en Vigo, ambos mañá sábado 13 de maio pola tarde.

En Abegondo o Fabril, xa campión, acaba o domingo 14 de maio a liga (18:00 horas) ante un Dubra descendido, e queda á espera do sorteo da eliminatoria definitiva de ascenso a Segunda División B, sorteo que terá lugar o luns 15 de maio pola tarde na Federación Española de Fútbol. O seu rival será o campión doutro grupo de Terceira División.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Pola mañá, ás 12:00, tamén no campo 1, o Xuvenil A mídese ao Osasuna no partido de ida de oitavos de final da Copa do Rei. A volta será o domingo 21 de maio en Pamplona.

Para este encontro, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Tamén xogan en Abegondo o sábado o Cadete B (12:30), que depende de si mesmo para ser campión do grupo norte da Liga Galega; e o Infantil A, xa co título ligueiro amarrado (11:00). Os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Finalizaron a competición o Deportivo Abanca B, Infantil B e Benxamín A. Alevín A, Alevín B e Benxamín B teñen torneos amigables en Vilagarcía, Osnabrück (Alemaña) e Camariñas respectivamente. Por este motivo, o encontro ligueiro do Alevín B pertencente ao grupo 1º da Segunda Fase xogarase o mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Tamén o domingo, o Benxamín B acaba a Primeira Fase, en formato de liga, da Copa AFAC. O seguinte paso será a final do torneo.

O calendario de partidos do fin de semana é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - DUBRA, o domingo 14 de maio ás 18:00 horas en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril (xa campión), 78 puntos; 2. Rápido de Bouzas e Cerceda, 71 puntos...

Categoría feminina
Clasificación final da Primeira División Autonómica: ... 5. Umia, 47 puntos; 6. Deportivo Abanca B, 46 puntos; 7. Sárdoma B, 45 puntos...

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, ida: XUVENIL A - OSASUNA, o domingo 14 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

CELTA B - XUVENIL B, o sábado 13 de maio ás 18:00 na Madroa (campo 2)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 76 puntos; 2. Xuvenil B, 72 puntos; 3. Racing Villalbés e Pontevedra, 58 puntos...

Categoría cadete
CELTA A - CADETE A, o sábado 13 de maio ás 16:00 na Madroa (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 88 puntos; 2. Cadete A, 79 puntos; 3. Victoria, 59 puntos...

CADETE B - XUVENTUDE DE OROSO, o sábado 13 de maio ás 12:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido máis), 73 puntos; 2. Cadete B, 70 puntos; 3. Santiago de Compostela, 60 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - SAN TIRSO, o sábado 13 de maio ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A (xa campión), 89 puntos; 2. Ural, 72 puntos...

Clasificación final da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 87 puntos; 2. Imperátor, 73 puntos...

Categoría alevín
IMPERÁTOR C - ALEVÍN B, o mércores 17 de maio ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 43 puntos; 2. Calasanz C, 37 puntos...

Categoría benxamín
Copa AFAC, xogado o pasado martes, cuarta xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 1 - BENXAMÍN B 6 (Diego -3-, Anxo, Eder e Pablo)
Copa AFAC quinta e última xornada, BENXAMÍN B - IMPERÁTOR C, o domingo 14 de maio ás 10:00 na Torre