RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

CD Lugo B e Cadete B asinan táboas após un partido de alternativas no marcador

CD Lugo B e Cadete B repartíronse os puntos (2-2) en partido correspondente á 6ª xornada no subgrupo A norte da Liga Galega.

O encontro foi de máxima igualdade e con alternativas no marcador para os dous equipos, quizais os dous grandes aspirantes ao título, con permiso do Viveiro CF.

Antonio Souto aos dous minutos de xogo e Álvaro Mardones foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Cadete B é terceiro na táboa con 10 puntos, os mesmos que o CD Lugo B, segundo. O líder é agora o Viveiro CF, que suma 12 puntos após derrotar ao SCD Milagrosa.

Cadete B: Unai, Daniel, Óscar, Samuel Fernández, Monteagudo, Noe, Álvaro Mardones, Javi Casanova, Antonio Souto, Samuel Vázquez e David Domínguez. Tamén xogaron: Adrián, David Carballo, Álex Delgado e Memet.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo á SD Ribadeo.

Os resultados do Cadete B neste subgrupo son os seguintes:

Cadete B 2 (Óscar e Javi Casanova) - CD Lugo B 3
SD Ribadeo 0 - Cadete B 5 (José Rey -2-, Marco Baña, David Domínguez e Álex Delgado)
Cadete B 2 (Javi Casanova e Héctor Beade) - Viveiro CF 0
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 7 (Antonio Souto, Noe, Héctor, Memet, Samuel, Álex Delgado e un futbolista rival en propia meta)
CD Lugo B 2 - Cadete B 2 (Antonio Souto e Álvaro Mardones)