RCD / NOVAS

Dobrete salvador de Padín ante o Real Racing Club que mantén con opcións de Copa ao Xuvenil A

14/05/2022 14:26

Co RC Celta campión do grupo 1º da División de Honra, o Xuvenil A necesita sumar todos os puntos en xogo para tentar clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo dos sete grupos.

En Abegondo e en partido correspondente á 33ª xornada (penúltima), o Xuvenil A dobregou (2-1) a un Real Racing Club que marcha como terceiro clasificado da categoría.

Os cántabros adiantáronse no marcador no minuto 50 pero Padín, con dous goles, deu a volta ao resultado e mantén ao seu equipo con opcións para a Copa.

Xuvenil A: Brais Suárez, Nacho, Manu Berrocal, Seydiba, Mauro, Rubén, Nájera, Hugo Baldomar, Martín Ochoa, Diego e Padín. Tambien xogaron: Mato, Álex González, Pablo Trigo e Mardones.

Agora, os branquiazuis, que suman 84 puntos, deberán vencer a próxima fin de semana en Santander ao Bansander e agardar unha derrota do Granada CF, segundo do grupo IV, nos dous partidos que lle restan. Se se cumpren estes dous requisitos, o Xuvenil A xogará a Copa de Campións.

Os resultados do Xuvenil A até a data en liga son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 2 (Diego e Hugo Baldomar)
Xuvenil A 3 (Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego) - CD Marina Sport 0
Sporting de Gijón 3 - Xuvenil A 3 (Rubén e Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 6 (Diego -3-, Mato -2- e Álex González) - CD Arenal 1
RC Celta 2 - Xuvenil A 1 (Nacho)
Xuvenil A 4 (Diego -2-, Jairo e Padín) - ED Val Miñor Nigrán 0
Ural Español CF 0 - Xuvenil A 1 (Martín Ochoa)
Xuvenil A 0 - SD Compostela 0
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 1 (Diego)
Xuvenil A 3 (Nájera -2- e Mario) - Bansander 0
Xuvenil A 3 (Garaboa -2- e Álex Delgado) - Real Oviedo 0
CD Bezana 0 - Xuvenil A 3 (Manu Rivas, Jairo e Pablo Trigo)
CD Covadonga 1 - Xuvenil A 3 (Martín Ochoa, Nacho e Padín)
Xuvenil A 8 (Martín Ochoa -3-, Nájera -2-, Hugo Baldomar -2- e Garaboa) - Real Avilés CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil A 6 (Garaboa, Padín, Seydiba -2-, Hugo Baldomar e Álex González)
Xuvenil A 3 (Manu Rivas, Pablo Trigo e Padín) - CD Lugo 3
Xuvenil A 3 (Nájera e Martín Ochoa -2-) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 0 - Xuvenil A 4 (Martín Ochoa -3- e Álex González)
Xuvenil A 2 (Martín Ochoa e Rubén) - Sporting de Gijón 2
CD Arenal 1 - Xuvenil A 3 (Martín Ochoa -3-)
ED Val Miñor Nigrán 1 - Xuvenil A 5 (Martín Ochoa -2-, Hugo Baldomar, Diego e Garaboa)
Pontevedra CF 1 - Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Padín)
Xuvenil A 3 (Kevin, Nacho e Álex González) - Ural Español CF 0
Xuvenil A 2 (Mella e Nájera) - RC Celta 2
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Pablo Trigo -2-, Nájera -2-, Padín, Martín Ochoa e Diego)
Xuvenil A 2 (Padín -2-) - Real Racing Club 1