RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dous amigables de #ANOSACANTEIRA previstos para esta semana

Esta semana están previstos dous partidos amigables para dous equipos de #ANOSACANTEIRA: Cadete B e Alevín A.

O Cadete B, que marcha segundo clasificado na Liga Galega, enfróntase o mércores 25 de xaneiro ás 18:45 á Selección Coruñesa Sub-15. Será no campo 6 da cidade deportiva.

Pola súa banda, o Alevín A, que esta próxima fin de semana inicia a súa participación na oitava edición do Torneo Luis Calvo de fútbol once, enfróntase este martes 24 de xaneiro ao San Tirso B (infantil). O choque, de fútbol sete, arranca ás 19:00 no campo de herba artificial de Abegondo.