RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA estiveron a gran nivel en Vila de Cruces e A Estrada

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA (Alevín B e Benxamín B) tiveron torneo amigable hoxe en Vila de Cruces e A Estrada respectivamente.

Así, o Alevín B competiu no Galo Cup 2017, no campo de O Camballón de Vila de Cruces. Logrou unha gran terceira praza, ante rivais con xogadores superiores un ano en idade.

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase

ALEVÍN B 2 (Dani e Adrián) - SANTIAGO CF 1
ALEVÍN B 5 (Óscar -2-, David, Pablo e Samuel) - ELCHE SPORTING FC 2
ALEVÍN B 1 (Álvaro) - SD VILLESTRO 0

Cuartos de final

ALEVÍN B 4 (Jorge, Adrián, Pablo e Lucas) - CELTA B 1

Semifinal

ALEVÍN B 2 (Óscar e Pablo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 4

Terceiro e cuarto posto

ALEVÍN B 2 (Jorge e Pablo) - VITORIA DE GUIMARAES 2. A penaltis: 3-2

Pola súa banda, o Benxamín B participou na segunda edición do Torneo Concello da Estrada, organizado polo Escola Estrada de Fútbol Basee. Foi quinto clasificado, nunha meritoria actuación.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
CRISTO DE LA VICTORIA 1 - BENXAMÍN B 0
BENXAMÍN B 2 (Anxo e Iago) - SPORTING BRAGA 2

Segunda Fase
BENXAMÍN B 0 - REAL MADRID 1
ESTRADENSE 0 - BENXAMÍN B 4 (Xabi -2- e Nico -2-)

Partido polo quinto e sexto posto
BENXAMÍN B 5 (Mario, Diego -2-, Iago e Anxo) - PORTERO '2000' 0