RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dous partidos oficiais mañá mércores en #ANOSACANTEIRA

Mañá mércores 12 de setembro están previstos 2 partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA, ambos en Abegondo ás 19:00 horas.

O Cadete B recibe ao Milagrosa na 2ª xornada no grupo norte da Liga Galega, no campo 4. Os socios teñen libre acceso ao encontro. Para o público, a entrada custa 3 euros.

E no campo 5, o Infantil B mídese ao San Cristóbal na 2ª xornada da Primeira Autonómica (grupo 1º).

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría cadete
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: CADETE B - MILAGROSA, ás 19:00 horas en Abegondo (campo 4)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: INFANTIL B - SAN CRISTÓBAL, ás 19:00 horas en Abegondo (campo 5)