RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Exitosa defensa do liderado do Cadete B ante o Racing de Ferrol B

O Cadete B defendeu con éxito o liderado do grupo norte da Liga Galega ao impoñerse con claridade (7-0) en Abegondo ao Racing de Ferrol B, en partido correspondente á 7ª xornada.

Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2- foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Cadete B suma 19 puntos, por 16 dos seus inmediatos perseguidores, Atlético Coruña Montañeros CF e SD Compostela.

Cadete B: Unai, Alexis, Monteagudo, Zoe, Pablo Parada, Lombao, Sierra, Mardones, Marco Baña, Fer e Domínguez. Tamén xogaron: Matos, Iván e Marcote.

A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao Ural CF B.

Os resultados do Cadete B son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0