RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A gana ao Fabril FC Alevín e reina na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito

O Alevín A impúxose (3-1) ao Fabril FC Alevín e é o campión da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. O encontro disputouse no campo de herba sintética de Abegondo baixo unha persistente choiva.

Ambos os conxuntos chegaron a este partido final após ser na primeira fase campións dos seus respectivos subgrupos.

Paulo -2- e Gael foron os autores dos goles do Alevín A; mentres que Guille anotou o único tanto do Fabril FC Alevín.

Alevín A: Diego, Iago Vázquez, Xoel, Sergio, Joaquín, Mauro, Nico e Paulo. Tamén xogaron: Gabi, Samuel, Gael, Uxío, Joel e Ander.

Fabril FC Alevín: Lucas López, Hugo, Pablo Vara, Javi, Gabi, José, Raúl e Martín Forján. Tamén xogaron: Martín, Pablo Somoza, Guille, Iago Varela, Nico e Lucas Vázquez.