RCD / NOVAS

O Alevín B derrota ao Imperátor OAR C con 6 goleadores distintos

11/01/2020 15:40

O Alevín B exhibiu o seu potencial ofensivo ante o Imperátor OAR C (0-6), en partido correspondente á 5ª xornada na Primeira C. Os 6 tantos deportivistas foron obra de 6 xogadores diferentes: Joaquín, Ioan, Paulo, Uxío, Íker e Yago Trigo.

Con este marcador, o Alevín B é líder de grupo con 15 puntos de 15 posibles, os mesmos que o Victoria CF C, segundo na táboa. Ambos os equipos ven as caras a próxima fin de semana, nun partido que pode definir o título ligueiro.

Alevín B: Diego, Iago Vázquez, Nico, Joaquín, Ioan, Mauro, Alberto e Paulo. Tamén xogaron: Gabriel, Xoel, Uxío, Íker, Gael e Yago Trigo.

Os resultados até a data do Alevín B en Primeira C son os seguintes:

Imperátor OAR B 1 - Alevín B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez)
Alevín B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - Ural CF C 2
Atlético Coruña Montañeros CF C 2 - Alevín B 5 (Alberto, Íker, Uxío, Iago Vázquez e Sergio)
Imperátor OAR C 0 - Alevín B 6 (Joaquín, Ioan, Paulo, Uxío, Íker e Yago Trigo)