RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B suma ante o Imperátor B a súa segunda vitoria na Primeira C

O Alevín B derrotou ao Imperátor OAR B (1-9), en partido pertencente á 1ª xornada da Primeira C que foi suspendida o pasado 23 de novembro polo temporal de choiva e vento que azoutou A Coruña eses días.

Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o conxunto deportivista suma 6 puntos de 6 posibles.

Alevín B: Diego, Sergio, Ioan, Mauro, Gael, Joaquín, Yago Trigo e Xoel. Tamén xogaron: Gabriel, Iago Vázquez, Uxío, Alberto, Nico e Íker.

O vindeiro mércores 11 de decembro, o Alevín B enfróntase en Abegondo (18:15) ao Atlético Coruña Montañeros CF C, con motivo da 3ª xornada.

Os resultados até a data do Alevín B en Primeira C son os seguintes:

Imperátor OAR B 1 - Alevín B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez)
Alevín B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - Ural CF C 2