RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Arousa SC frea ao Xuvenil B

O Xuvenil B viu freada a súa progresión ligueira cun empate (1-1) en Vilagarcía ante o Arosa SC, en partido correspondente á 6ª xornada na liga Nacional.

Adiantouse o equipo local no minuto 66 e Luque empatou 6 minutos máis tarde. Só a partir de aquí foi mellor o Xuvenil B, ao que lle faltou tempo para completar a remontada.

Con este marcador, o Xuvenil B suma 13 puntos e é sexto na táboa, igualado a puntos co Victoria CF, Celta B, CD Calasanz e CD Choco; e a só 2 puntos do líder, o Pabellón Ourense, que ten 15 puntos.

Xuvenil B: Íker, Roque, Pedro, Jose, Landeira, Mario, Luque, Víctor, Juanma, Portas e Pol. Tamén xogaron: Fito, Melide, Peke e Novoa.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao CD Choco.

A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:

Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1
Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito)
Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0
ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke)
Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1
Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque)