RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A marcha de goleada en goleada

Nova goleada do Benxamín A na 6ª xornada do grupo 2º da Primeira Comarcal A Coruña. Esta vez, o damnificado foi o Betanzos (10-0), derrotado polos goles de Nico -2-, Diego -3-, Leandro, Eder, Xabi, Anxo e Pablo.

Con este resultado, o Benxamín A é líder do grupo con 15 puntos de 15 posibles, igualado a puntos co Calasanz A, aínda que este ten un partido máis xogado. Ambos os equipos ven as caras a vindeira fin de semana, nun partido que pode marcar o devir deste grupo.

Benxamín A: Joel, Janusz, Pablo, Xabi, Íker, Mosquera, Anxo e Nico. Tamén xogaron: Rodrigo, Diego, Raul, Eder, Yago e Leandro.

Os resultados até a data do Benxamín A son os seguintes:

UD Xuvenil 0 - Benxamín A 8 (Diego -2-, Íker -2-, Iago -2-, Eder e Leandro)
Benxamín A 8 (Diego -2-, Guille -2-, Pablo, Anxo, Íker e Nico) - Atlético Arteixo A 0
Orillamar A 0 - Benxamín A 11 (Anxo -3-, Diego -2-, Nico -2-, Eder, Rilo, Mosquera e Pablo)
Benxamín A 11 (Anxo -3-, Nico -2-, Guille -2-, Janusz -2-, Íker e Diego) - Sporting Burgo A 0
Atlético Castros 0 - Benxamín A 10 (Janusz -2-, Eder -2-, Leandro -2-, Íker, Anxo, Mosquera e Pablo
Benxamín A 10 (Nico -2-, Diego -3-, Leandro, Eder, Xabi, Anxo e Pablo) - Betanzos 0