RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A, medalla de prata en Marín

O Benxamín A e o Alevín A do Deportivo integran hoxe luns 6 de decembro e o mércores 8 respectivamente, aproveitando a festividade de ambos os días, o cartel da sexta edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre, competición que se desenvolve no Campo Municipal de San Pedro en Marín.

Os dous equipos teñen como rivais iniciais na Primeira Fase ao CD Lugo, Coruxo FC, EF Vila de Marín, CD Choco e Arosa SC.

Hoxe luns, a quenda foi para o Benxamín A, que logrou unha meritoria medalla de prata. O conxunto branquiazul só foi superado polo RC Celta nunha axustada final: 3-2.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Martín López, Iván Gil e Hugo Pousa) - CD LUGO 0
CORUXO FC 0 - BENXAMÍN A 3 (Jorge Fernández, Álvaro Gómez e Hugo Macedo)
BENXAMÍN A 9 (Nacho Villanueva -4-, Hugo Luaces -2-, Álvaro Gómez, Hugo Pousa e Hugo Macedo) - EF VILA DE MARÍN 0
CD CHOCO 0 - BENXAMÍN A 7 (Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2-, Hugo Macedo -2- e Jorge)
BENXAMÍN A 6 (Nacho Villanueva -2-, David Gómez -2-, Álvaro Gómez e Jorge Fernández) - AROUSA SC 1

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Hugo Macedo) - EF PORTERO '2000' 0

Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Final
BENXAMÍN A 2 (Álvaro Gómez) - RC CELTA 3

Este mércores 8, a quenda será para o Alevín A, con este calendario:

Primeira Fase
10:00: ALEVÍN A - CD LUGO
1100: CORUXO FC - ALEVÍN A
12:30: ALEVÍN A - EF VILA DE MARÍN
16:00: CD CHOCO - ALEVÍN A
17:30: ALEVÍN A - AROUSA SC

O catro primeiros acceden aos cuartos de final; mentres que o quinto e sexto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 18:00 horas.