O Benxamín A pelexa mañá co Oza Juvenil por unha praza na final do Mini Teresa Herrera de ABANCA-RIAZOR
O encontro correspondente á semifinal do Mini Teresa Herrera entre o Benxamín A e o Oza Juvenil SD dispútase mañá martes 25 de xuño ás 19:30 horas na Grela 1.
Os dous equipos pelexarán por unha praza na final, que se xoga tradicionalmente no Estadio ABANCA-RIAZOR antes da celebración do Trofeo Teresa Herrera.