RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B acaba a Primeira Fase da Copa AFAC con pleno de vitorias

O Benxamín B, que onte sábado conquistou o Torneo As Baleas (Camariñas), gañou (12-0) ao Imperátor C e acabou a Primeira Fase da Copa AFAC con pleno de triunfos, cinco en cinco partidos.

Desta forma, o conxunto deportivista xogará a gran final desta competición, en data e rival por determinar.

Ante o Imperátor C, nun partido dominado de principio a fin polos branquiazuis, Eder -3-, Diego, Isma -2-, Raúl, Marco, Anxo -3- e Xabi foron os goleadores.

Benxamín B: Álex, Xabi, Guille, Iago, David, Raúl, Eder e Diego. Tamén xogaron: Joel, Íker, Anxo, Isma, Marco e Pablo.

Os resultados do Benxamín B na Primeira Fase da Copa AFAC foron os seguintes:

Benxamín B 8 (Iago -2-, Diego -2-, Éder -2-, Nico y Raúl) - Calasanz C 2
Victoria C 0 - Benxamín B 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico y Eder -2-)
Benxamín B 3 (Nico y Eder -2-) - Ural C 0
Atlético Coruña Montañeros C 1 - Benxamín B 6 (Diego -3-, Anxo, Eder y Pablo)
Benxamín B 12 (Eder -3-, Diego, Isma -2-, Raúl, Marco, Anxo -3- y Xabi) - Imperátor C 0