RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B xogará a final da Copa AFAC tras derrotar ao Atlético Coruña Montañeros

O Benxamín B derrotou esta tarde en Abegondo ao Atlético Coruña Montañeros C (1-6), e clasificouse para a final da Copa AFAC, a falta dunha xornada para acabar esta Primeira Fase, con formato de liga a unha soa volta.

Benxamín B: Álex, Yago, Pablo, Nico, Xabi, Anxo, Raúl e Mosquera. Tamén xogaron: Joel, Marco, Eder, Íker, Isma e Diego. Os goles deportivistas foron obra de: Diego -3-, Anxo, Eder e Pablo.

O vindeiro domingo 14 de maio ás 10:00, o Benxamín B acaba esta Primeira Fase, co encontro ante o Imperátor C.

O día antes, sábado 13, o cadro deportivista disputará no campo Hermanas Patiño de Camariñas a segunda edición do Trofeo As Baleas.

Os resultados ata a data do Benxamín B na Copa AFAC son os seguintes:

Benxamín B 8 (Iago -2-, Diego -2-, Éder -2-, Nico e Raúl) - Calasanz C 2
Victoria C 0 - Benxamín B 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico e Eder -2-)
Benxamín B 3 (Nico e Eder -2-) - Ural C 0
Atlético Coruña Montañeros C 1 - Benxamín B 6 (Diego -3-, Anxo, Eder e Pablo)