RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Bergantiños non pode frear ao Infantil A

O Bergantiños foi incapaz de frear en Carballo a avalancha ofensiva dun Infantil A (1-7) moi eficaz en ataque e sólido en defensa.

Mella, Manu, Gabri -2-, Domínguez -2- e Martiño foron os autores dos goles branquiazuis deste partido correspondente á 5ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Con este marcador, o Infantil A é líder do grupo con 15 puntos, os mesmos que o Bertamiráns.

A próxima fin de semana, o Infantil A mídese en Abegondo ao Xuventude de Oroso.

Infantil A: Marcos, Manu, Gabri, Rubén, Noah, Carreira, Baña, Yago, Marcote, Mella e Martín. Tamén xogaron: Diego, Álvaro, Domínguez, Meki e Martiño.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Calasanz 0 - Infantil A 9 (Mella -4-, Domínguez -3- e Carlos -2-)
Infantil A 7 (Martín -2-, Marco Baña -2-, Mella, Marcote e Rubén) - Atlético Ribeira 0
Lugo 1 - Infantil A 2 (Martín e Martiño)
Infantil A 6 (Domínguez -3-, Mella, Marco Baña e Sierra) - Galicia Caranza 1
Bergantiños 1 - Infantil A 7 (Mella, Manu, Gabri -2-, Domínguez -2- e Martiño)