RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A gana ao Atlético Coruña Montañeros CF A e mantén a súa vantaxe á fronte da táboa

O Cadete A derrotou a base de oficio (2-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF A en partido correspondente á 6ª xornada no subgrupo D da División de Honra.

Kevin e Álex Delgado, un en cada tempo, foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Cadete A suma 15 puntos e mantén a súa vantaxe á fronte da táboa do subgrupo; posto que 6 puntos ten o segundo clasificado, o Ural Español CF, que ten un partido menos.

Cadete A: Rodrigo, Santi, Gabri, Monteagudo, Rubén, Carreira, Álex Delgado, Sierra, Kevin, Martín Montero e Ogando. Tamén xogaron: Martiño, Marco Baña, David Domínguez e Pedro.

A próxima fin de semana toca descanso para o equipo branquiazul que dirixe Nacho Lourido.

Os resultados do Cadete A no subgrupo D da División de Honra son os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado)
Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado) - Victoria CF 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 8 (Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero)
Cadete A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - Ural Español CF 1
Cadete A 2 (Kevin e Álex Delgado) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0