RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A imponse ao Coruxo FC

O Cadete A impuxo no campo vigués de Fragoselo a súa superioridade física e técnica (0-4) ante o Coruxo FC, que aguantou 60 minutos as acometidas branquiazuis.

Martín Ochoa -2-, Roque e Embid foron os goleadores deportivistas neste encontro correspondente á 5ª xornada na División de Honra.

Con este marcador, o Cadete A é co líder da categoría con 15 puntos, igualado co RC Celta na cabeza.

Cadete A: Sergio Varela, Quique Teijo, Roque, Pablo Trigo, Mella, Martín Ochoa, Álex González, Embid, Raúl, Carlos e Diego Gómez. Tamén xogaron: Rubén, Canales, Seydiba e Xosé.

A próxima fin de semana, o Cadete A recibe ao CD Lugo.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Cristian, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)