RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A mostrouse superior ao Atlético Coruña Montañeros

O Cadete A dominou de principio a fin (0-6) ao Atlético Coruña Montañeros, en partido correspondente á 6ª xornada na División de Honra. 

Hugo -3-, Nils, Padín e Áxel foron os autores dos goles branquiazuis nun partido que xa se puxo de cara aos 6 minutos de xogo.

Con este folgado resultado, o Cadete A referenda o triunfo do pasado xoves no derbi disputado en Abegondo ante o vixente campéon ligueiro, o Celta. Os deportivistas mandan agora na clasificación con 18 puntos, 3 puntos máis que o seu inmediato perseguidor, o Ural CF, que conta con 15 puntos.

Cadete A: Brais, Trilli, Mauro, Iago, Dani Barcia, Antón, Nils, Chucas, Áxel, Hugo e Noel. Tamén xogaron: Coba, Mario, Jairo e Padín.

A próxima fin de semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao Racing de Ferrol.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Luis Bonilla:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural 0
Coruxo 1 - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1
Atlético Coruña Montañeiros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Áxel)