RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A sae vitorioso do sempre difícil campo do ED Xuventude de Oroso

O Cadete A saíu vitorioso (0-3) do sempre difícil campo do Lino Balado de Sigüeiro, cancha do ED Xuventude de Oroso, en partido correspondente á 4ª xornada na División de Honra.

Os pupilos de Nacho Lourido souberon madurar o partido e levaron os 3 puntos en xogo con tres tantos na segunda metade, obra de Álex González -2- e Martín Ochoa.

Con este resultado, o Cadete A é colíder do grupo con 12 puntos de 12 posibles, os mesmos que o RC Celta.

Cadete A: Lemos, Quique, Nico, Seydiba, Cristian Canales, Hugo Baldomar, Mella, Álex González, Rubén, Carlos e Diego. Tamén xogaron: Nacho, Martín Ochoa, Trigo e Castosa.

A próxima fin de semana, o Cadete A visita ao Coruxo FC.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Cristian, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)