RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B desarma ao SCD Milagrosa na recta final

Traballado triunfo do Cadete B en Lugo ante o SCD Milagrosa (0-2), nun encontro que decidiron os goles de Marco Baña e Mardones na recta final do choque.

Co resultado deste encontro correspondente á 10ª xornada no grupo norte da liga Galega, o Cadete B manda en solitario con 28 puntos, con 3 de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, a SD Compostela.

Cadete B: Manu, Zoe, Monteagudo, Nico, Pablo Parada, Sierra, Marcote, Marco Baña, Matos, Iván e Jorge García. Tamén xogaron: Mardones, Lombao, Alexis e Domínguez.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Imperátor OAR.

Os resultados do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)