RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B instálase na zona alta da táboa co seu triunfo en Carballo

O Cadete B derrotou en Carballo ao Bergantiños B (1-2) en partido correspondente á 5ª xornada no grupo norte da Liga Galega. Suárez e Trigo foron os autores dos goles branquiazuis nun partido dominado polo Cadete B, que recibiu o único tanto local no último suspiro do choque.

Con este marcador, o equipo deportivista alcanza os 12 puntos e instálase na zona alta da clasificación.

Cadete B: Rodrigo, Alexis, Burgos, Mauro, Eloi, Hugo, Iván, Adrián Lombao, Suárez, Dani e Trigo. Tamén xogaron: Jacobo, Xosé e Anxo.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Escola Estrada Fútbol Base.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)