O Fabril FC Benxamín quedou a só un paso da gran final do Trofeo Mini Teresa Herrera ao caer (1-6) na semifinal ante o Ural Español CF.
Jorge foi o autor do único tanto fabrilista nun resultado lóxico dada a superioridade en idade e por conseguinte física do cadro uralista.
Fabril FC Benxamín: Roque, David Ramos, Yoel, Jorge, Iván, Martín, Javi e Álvaro. Tamén xogaron: Roi, Hugo, Dani e David Gómez.
Con este partido, o Fabril FC Benxamín puxo o punto e final a esta temporada.
Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta competición foron os seguintes:
Oitavos de finalFabril FC Benxamín 4 (Álvaro -2-, Javi e Iván) - Orillamar SD 2
Cuartos de finalFabril FC Benxamín 7 (Álvaro -3-, Martín, David Gómez, Roi e Javi) - Victoria CF 0
SemifinalFabril FC Benxamín 1 (Jorge) - Ural Español CF 6