RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A amarra os 3 puntos ante un rochoso CD Conxo Santiago nos primeiros 15 minutos

O Infantil A amarrou os 3 puntos ante o CD Conxo Santiago (2-0) cos goles de Dani Estévez e Jorge García nos primeiros 15 minutos de partido.

Os santiagueses, que marchan na 3ª praza, non fixeron máis concesións aos branquiazuis, que son máis líderes do grupo con 39 puntos por 30 agora do Bertamiráns FC, derrotado na Coruña (1-0) polo Ural CF.

Infantil A: Román, Zoe, Lucas, Úbeda, Dani Estévez, Pablo Parada, Hugo Torres, Juan Barros, Oreiro, Jorge García e Noe. Tamén xogaron: Samuel, Diego Miranda e Guerrero.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao CD Calasanz.

Os resultados do Infantil A até a data son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerreiro -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerreiro -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0
Ural CF 0 - Infantil A 5 (Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé)
Infantil A 2 (Jorge García -2-) - Bertamiráns FC 0
Sálvora CF 0 - Infantil A 8 (Óscar -3-, Úbeda -2-, Juan Barros -2- e Lucas)
Infantil A 5 (Samuel, Lucas, Zoe e Juan Barros -2-) - ED Xuventude de Oroso 0
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 3 (Pablo Parada, Jorge García e Zoe)
Infantil A 2 (Dani Estévez e Jorge García) - CD Conxo Santiago 0