RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil recibe mañá xoves ao CD Conxo Santiago no último partido da segunda fase

O Infantil, xa campión do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, conclúe esta segunda parte da temporada mañá xoves 2 de xuño ás 19:30 no campo 5 de Abegondo ante o CD Conxo Santiago.

Os branquiazuis, único equipo de #ANOSACANTEIRA en competición oficial, mandan no subgrupo con 30 puntos por 26 dos santiagueses.

Ademais de certificar o ascenso para a temporada 2022-23 á recentemente creada División de Honra, o Infantil xogará nos próximos días en Abegondo, a partido único, as semifinais polo título contra o segundo clasificado do subgrupo sur: ED Val Miñor Nigrán ou Pabellón Ourense CF. A final para decidir o campión da liga Galega será nunha sede que ditaminará a Federación.