RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso cadete, formado por futbolistas de #ANOSACANTEIRA, ascende á División de Honra

O San Tirso de categoría cadete, integrado por futbolistas do RC Deportivo en virtude do acordo de colaboración entre os dous clubs, impúxose ao Galicia Caranza (3-0) en partido da 29ª xornada no grupo 1º da Liga Galega e logrou matematicamente o ascenso á División de Honra.

O San Tirso lidera o grupo con 81 puntos por 70 puntos do segundo clasificado, o Atlético Coruña Montañeros, que tamén ascendería agora mesmo á máxima categoría cadete.

En terceira posición marcha o Xuventude de Oroso, que, con 66 puntos, xa non pode superar ao San Tirso, posto que só restan 5 xornadas para o final.