RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD frea ao Cadete A, que pasa no entanto a semifinais

O San Tirso SD freou ao Cadete A (2-2) en partido correspondente á 3ª xornada da segunda fase, grupo A2, da División de Honra.

O choque tivo un sabor agridoce para os branquiazuis, que se puxeron con vantaxe no marcador (0-2) grazas aos goles de Álex Delgado e Marco Baña. Pero na recta final, os tantos de Dani Estévez e Lucas Taibo significaron a igualada e un punto para o San Tirso SD.

Cadete A: Nuno, Santi, Gabri, Rubén, Martiño, Carreira, Álex Delgado, Pedro, Álvaro Mardones, Álex Montero e Ogando. Tamén xogaron: Marco Baña, Martín, Monteagudo e Dani Sierra.

Con este resultado, o Cadete A suma 7 puntos e clasifícase para as semifinais da División de Honra. Nesta segunda fase, o equipo que dirixe Nacho Lourido gañou 1 partido e empatou 2; con 8 goles favor e 3 en contra.

Os resultados Cadete A nesta segunda fase foron os seguintes:

Cadete A 1 (Álex Delgado) - RC Celta 1
Cadete A 5 (Álex Montero -3-, David Domínguez e Álex Delgado) - Arosa SC 0
San Tirso SD 2 - Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado)